Ourense reforza con nova instalación semafórica a seguridade vial na Avenida de Marín
A Concellería de Tráfico do Concello de Ourense está a desenvolver unha serie de accións para reforzar a seguridade dos peóns en puntos concretos da cidade onde o tráfico rodado é elevado e presentaba certas eivas en materia de seguridade vial.
A Concellería está a desenvolver dúas actuacións: dunha banda procedeuse á nova instalación semafórica na Avenida de Marín e rúa Ático Noguerol. Dita instalación consiste nun paso de peóns na mesma avenida regulado por semáforos con pulsadores para peóns. O pulsador terá un tempo mínimo entre pulsacións para darlle saída aos vehículos parados tras a demanda dos peóns. A renovación responde á petición dos veciños e veciñas da zona para reforzar a seguridade dos peóns que transitan entre as dúas pontes.
Doutra banda, a Concellería de Tráfico procedeu á instalación de banderolas luminosas entre as dúas rotondas da rúa Basilio Álvarez, en ámbolos dous sentidos, na liña de reforzar a seguridade para os peóns entre as dúas pontes.
As banderolas contan con sinais indicativas de paso de peóns (S13), a cal está sobreiluminada con catro leds ámbar intermitente. Esta señal lumínica sirve como advertencia para os vehículos da posible presencia de peóns. Así, contan cunha luz branca para facilitar a visibilidade do paso de peóns ao tráfico rodado en horario nocturno.











