Ourense conmemora con música, teatro e conferencias o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Igualdade, Marga Martín, presentou a programación completa dos actos que se celebrarán con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Os actos darán comezo este xoves, día 21 de novembro, co Festival Voces Femeninas, que celebra a súa 5ª edición na nosa cidade. A sueca Anna Ternheim, a norteamericana Torres e Lady Lamb the Beekeeper que vén de publicar o seu primeiro disco. O Festival,  que naceu no ano 2008 coma un espazo no que dar cabida a grades intérpretes e compositoras de todo o mundo, nun formato íntimo e próximo e no que se reivindica o papel da muller no mundo dos escenarios. Este ano o festival está adicado a Patty Smith, apodada “A madriña do punk” levou un punto femiista e intelectual ao punk, convertíndose nunha das artistas máis influíntes da música rock, integrándoa cun estilo de poesía beat.

O luns día 25, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Salón de plenos do Concello acollerá o tradicional acto institucional do Día Internacional, onde a corporación municipal lerá un manifesto contra a violencia contra as mulleres.

O mesmo día, 25 de novembro, inaugúrase a exposición “Retrospectiva fotográfica da coordinadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres”, na que distintos espazos hostaleiros da cidade (Tetería Grándola, Nena Caracol, Café Isaac, Café Cultural Auriense e Trampitán) recollen as fotografías…

Teatro e xornadas dende a óptica de xénero

Trácola Teatro estará nos centros Cívicos de colón, A Cuña e A Ponte, os días 26, 27 e 28 de novembro, respectivamente, ás 18.30h coa representación da obra “Campo de Acción”, coa presentación e intervención de Mario Antonio Ortiz García, “titiripeuta para a equidade de xénero”.

O xoves 28 de novembro, o Centro Cívico de colón, acollerá, ás 19.30h, a conferencia “Todas no punto de mira: macromachismos, micromachismos e novos/ vellos golpes contra os dereitos das mulleres” impartida por Olga Castrillo González, da asociación feminista leonesa, Flora Tristán.

O programa de actos de conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, remata na ponte de decembro, días 6, 7 e 8 de decembro, cunhas xornadas de Autodefensa Feminista impartidas por “Bilgune Feminista” e nas que colabora a Coordinación Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres es colaboración coas coordinadoras portuguesa e vasca da Marcha Mundial contra as Mulleres.

As xornadas desenvolveranse na propia Concellería de Igualdade, rúa do Ensino, 24, o venres 6 de decembro de 18.00 h a 20.00 h, o sábado 7 de 10.00 h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h e o domingo, día 8 de decembro, de 10.00h a 12.00h.

18 de novembro de 2013 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.