Os xóvenes vilagarciáns aprenden horticultura nun curso organizado por Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

Vintecinco mozas e mozas de Vilagarcía iniciaron hoxe o curso sobre Cultivo Agrícola e Horticultura organizado pola Concellería de Xuventude a través do programa Actívate da Deputación. As clases teóricas desenvolveranse de luns a venres no Auditorio e as prácticas no invernadoiro que o Concello ten en Rubiáns.

O curso desenvolverase dende hoxe e ata o día 15 de novembro con clases diarias (de luns a venres) de 10 a 14 horas. Durante, a actividade os alumnos adquirirán os coñecementos básicos precisos para a realización dos seus propios cultivos, para a súa planificación e coidado. Ademais de estudar as plantas (flores, froitos, sementes…) tamén se lles explicarán nocións básicas de botánica e química.

O curso, que será impartido por un Enxeñeiro Forestal, abordarase en profundidade o proceso de produción dos diferentes cultivos agrícolas e hortícolas, describindo aqueles factores que condicionan este agro sistema. Trataranse aspectos tecnolóxicos como o rego e a fertilización, cultivos sen solo, controis fitosanitarios e outros tipos de sistemas.

O programa comezou esta mañá coa explicación de aspectos xerais e continuará coas estruturas e construción de invernadoiros, o rego, a fertirrigación, cultivos sen solo, sementeiros agrícolas e hortícolas, controis fitosanitario s e manexo de cultivos. A actividade formativa pecharase cunha xornada de emprendemento para animar aos alumnos a crear os seus propios cultivos e poderlles sacarlles rendemento económico ou de autoconsumo.

4 de novembro de 2013 | 15:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.