Os voluntarios de Cambre recollen 2 toneladas e media de alimentos na campaña de Operación Quilo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre quere agradecer aos veciños de Cambre a súa solidariedade e compromiso coa recollida de alimentos da  campaña de Operación. No primer fin de semana da campaña recolleronse 2.500 kilos de comida nos supermecados cambreses, o que supón todo un récord con respecto a outros anos. A edil de Servizos Sociais, María Jesús González, desplazouse ata  a despensa municipal de alimentos, ubicada no primeiro piso do campo de futbol Dani Mallo, para agradecer o labor aos voluntarios ali presentes. “A campaña foi un éxito nas primeiras xornadas e iso que ainda quedan dous fines de semana por recoller. Quero dar as grazas aos mási de 50 voluntarios que participan nesta campaña tanto  dos que forman parte do programa municipal de voluntariado coma aos membros de Protección Civil que son os verdadeiros artífices de esta gran recollida de alimentos”, apuntou.

A concelleira destacou a solidariedade dos cambreses que fan posible que estos alimentos cheguen ás familias en situación de vulnerabilidade do concello de Cambre a través da Despensa Municipal de Alimentos da concellaría de Igualdade, Benestar, Sanidade e Educación. Un total de 50 persoas voluntarias continuarán atendendo os diferentes centros comerciais para informar aos clientes sobre o obxectivo da campaña e a maneira de colaborar. Co slogan “Un pouco de ti chega ás nosas familias” preténdense reforzar con alimentos de primeira necesidade e productos de hixiene persoal a Despensa Municipal de Alimentos que ve incrementada a demanda nestas datas.

NOVEMBRO

Venres 29 e Sábado 30:

Eroski City rúa Curros Enríquez O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Claudio Vila de Cambre de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Gadis rúa Constitución O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

DECEMBRO

Venres 13 e Sábado 14:

Eroski Center O Seixal de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski Center A Barcala de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Eroski City rúa Curros Enríquez O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

Gadis rúa Constitución O Temple de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas.

19 de novembro de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.