Os veciños de Ourense poderán consultar o Plan Xeral de Urbanismo na antiga sede do Banco de España
A concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, presentou esta mañá a mostra da evolución da realidade urbanística na cidade de Ourense ao longo deste século. A mostra pretende acompañar ao inicio do trámite de exposición pública do documento do Plan Xeral de Ordeación Municipal, cuxa aprobación inicial foi acordada polo Pleno do Concello o pasado 8 de novembro.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha consulta do documento do Plan Xeral poderán realizala de luns a venres de 9.00h a 14.00h de luns a venres, na sala de prensa (sala pequena) da antiga sede do Banco de España, na rúa do Paseo, 20. Neste horario técnicos municipais asesorarán e resolverán as dúbidas e consultas dos veciños e veciños da cidade sobre o documento oficial do Plan Xeral.
A pranta nobre do inmoble acollerá, así mesmo, unha exposición e mostra urbanística do desenvolvemento da cidade no último século que poderá ser visitada de luns a venres de 9.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h e inclúe una exposición fotográfica de planos dende o ano 1931 ata a actualidade, maquetas dos proxectos estratéxicos da cidade de Ourense coma o desenvolvemento termal na zona das Burgas, a integración ferroviaria ou a Praza de Abastos. Así mesmo conta cunha zona de proxeccións de diversas reportaxes sobre a realidade urbanística en Ourense.
A mostra fotográfica e a exposición ao público do Plan Xeral estarán acompañadas da publicación na web do Concello www.ourense.es (no apartado cidade- urbanismo) na que estará a disposición dos veciños e veciñas a documentación oficial do Plan Xeral, así coma na web pxom.ourense.es











