Os participantes no curso “Plan Xeral Contable” de Carballo reciben o seu diploma

Entrega de diplomas
O Fórum Carballo vén de acoller o acto de entrega de diplomas do curso “Plan Xeral Contable” dirixido a usuarios e usuarias da Bolsa de Traballo Municipal (BDT) e que finalizaron con aproveitamento un total de 20 persoas. Presidiu a cita o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que, ao igual que o Concelleiro de Formación e Emprego, Marcos Trigo, desexoulles aos alumnos e alumnas “que haxa traballo” para poder aplicar os seus coñecementos o antes posible. Esta acción formativa tivo 60 horas de duración repartidas en tres semanas en horario de mañá de 9.00 a 13.00 horas. Accederon a el de forma gratuíta persoas rexistradas na BDT con perfil académico de ciclos formativos medios ou superiores (FPII, Diplomaturas, Licenciaturas, Graos, etc.) en temas relacionado coa contabilidade (Administración e Finanzas, Empresas, Economía, Administrativo, etc.). Trátase dunha acción formativa baseada sobre todo nos aspectos prácticos en Contabilidade que lles permita aos alumnos e alumnas comprender cómo se realizan e formulan os estados financieiros a partir das anotacións contables e dominar os fundamentos da contabilidade e a normativa na que se apoia.











