Os maiores de Ordes visitan a Praza de España na cidade de Sevilla

Veciños de Ordes na visita a Sevilla
Un grupo de maiores de Ordes desfrutaron recentemente dunha excursión que os levou por terras andaluzas. Entre os lugares máis destacados de todos os que visitaron destacou a cidade de Sevilla, e máis concretamente a Praza de España, onde todos xuntos posaron para facerse unha foto de recordo. Nesta ocasión todos eles estiveron acompañados polos concelleiros Ramón Vázques e Lucía Iglesias.











