Os estacionamentos de Vila Janer deberán quedar libres mañá pola noite

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O inicio da campaña intensiva de limpeza das rúas do centro da cidade o vindeiro mércores fai necesario que os estacionamentos das rúas Vila Janer, prolongación da Rúa Santa Lucía e da Rúa Estación queden completamente libres o martes pola noite de xeito que ás máquinas de Cespa poidan comezar a traballar á primeira hora da madrugada. O Concello prega máxima colaboración para a retirada dos coches por parte dos seus propietarios para facilitar as labores de limpeza e non demorar o seu desenvolvemento.

Para advertir aos usuarios de que abandonen os estacionamentos o martes pola noite e de que non se poderán aparcar na zona ata o mediodía do mércores, a Policía Local e o servizo de Emerxencias valarán a zona mañá e colocarán folletos informativos en parabrisas dos coches e portais da zona. As labores de limpeza prolongaranse dende as sete da mañá á unha da tarde. O tráfico non se verá afectado polos traballos, xa que os coches poderán continuar circulando namentres se desenvolven. Os estacionamentos poderán volvera a utilizarse a partir da unha da tarde.

A seguinte xornada de traballo, a do xoves, afectará a varias rúas que tamén deberán quedar libres de coches estacionados a partir na noite previa (da do mércores). Serán as rúas Moreira Casal, Santa Lucía, Juan Carlos I (entre o Ramal e Ravella), a Rúa Leiras, Ramón López Piñeiro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesias e Rúa Duráns coa confluencia Juan Carlos I.

11 de novembro de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.