Os estacionamentos das rúas Ravella, San Roque e Praza da Independencia deben quedar libres o mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A segunda fase da campaña de limpeza intensiva de rúas continúa esta semana, razón pola cal se pide a máxima colaboración dos cidadáns para deixar libres de coches os estacionamentos nas rúas afectadas cada día polo operativo. O mércores as zonas a limpar son as comprendidas entre o triángulo formado por Ravella, San Roque e Praza da Independenza, polo que os aparcamentos deben quedar baleiros antes do inicio dos traballos.

O groso do operativo previsto para esta semana chegará o mércores coa intervención da maquinaria de limpeza de Cespa que fai precisa a retirada de vehículos estacionados. Ese día intervirase entre as 7 e as 10 da mañá nas rúas Ravella, Ramón y Cajal, Arapiles, Cervantes, Gumersindo Nartallo e Duque de Rivas. Entre as 10 da mañá e ata as 13 horas, as labores trasladaranse a rúa San Roque (ata a confluenza con Ramón Cabanillas) e o contorno do parque Doctor Fleming (fronte ao Anexo A Lomba). Para poder desenvolver estas tarefas as rúas deberán quedar libres de vehículos antes das 7 da mañá para non interferir nin demorar as labores de limpeza que implican a utilización de máquinas varredoras, de baldeo, e de lavado de contedores de lixo.

19 de novembro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.