Os escolares ourensáns coñecen a teoría e práctica da danza contemporánea
Mañá mércores 6 de novembro terá lugar, a partir das 11 h. a primeira das tres representacións que a Concellería de Educación organiza no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes Escénicas durante esta semana. Trátase da actividade “En escena”, encamiñada a dar a coñecer entre alumnos e profesores de 5º e 6º de Educación Primaria da cidade a teoría e práctica da danza contemporánea.
“En escena” comezará cunha breve explicación e presentación da actividade, cos principios básicos da danza. A continuación, actuarán dous dúos de danza contemporánea, “Caracola” e “Mareia”; e finalmente levarase a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas participarán activamente e aprenderán conceptos e ideas sobre a danza contemporánea, así como diferentes xeitos de realizar unha coreografía.
Asistirán en total 350 alumnos e profesores de sete centros de ensino da cidade, distribuídos nos seguintes días:
– Mércores 6 de novembro (11 h.): CEIP A Ponte e CEIP Vistahermosa.
– Xoves 7 de novembro (11 h.): CPR Divino Maestro e CPR María Auxiliadora.
– Venres 8 de novembro (10:35 h.): CEIP Mestre Vide, CEIP Virxe de Covadonga e CEIP Inmaculada.











