publicidade hoxe

Os comerciantes de Culleredo prepáranse para a campaña de Nadal con formación en escaparatismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo apunta á campaña de Nadal como punto forte para a dinamización local do municipio. As vendas no comercio local aumentan nesa época, e o goberno municipal prepara un conxunto de iniciativas que animen ás compras nos negocios.

Ademais das campañas e actividades que se leven a cabo durante o período do Nadal, o equipo de goberno aposta por apoiar os comerciantes con accións de formación que lles permita mellorar as súas prestacións de cara a incrementar vendas. Neste sentido, contar un negocio ben decorado pode funcionar como efecto chamada ao cliente.

Por iso, o Concello de Culleredo organiza este mes de novembro un curso de escaparatismo destinado aos comercios e salóns de peiteado do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.

O curso celebrarase entre os días 18 e 22 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación “Pablo Picasso”. O Concello abre a inscrición para a iniciativa o próximo luns 11. As 20 prazas outorgaranse por orde de inscrición. O curso constará de 10 horas, das cales 4 se dedicarán a coñecementos teórico-prácticos, e as 6 restantes, á realización de prácticas entre os establecementos participantes.

As sesións desenvolveranse en horario de 20.30 a 22.30 horas. O goberno local apostou por programar a iniciativa nun horario pouco habitual, pero que responde ás necesidades de os comerciantes, que é a quen vai destinada a acción. O curso será totalmente gratuíto. Trátase da segunda acción destas características emprendida polo Concello para apoiar o comercio local, tras o curso de empaquetado de regalos.

O equipo de goberno anima os comerciantes a aproveitar este tipo de iniciativas que complementarán á campaña que desenvolverá o Concello co obxecto de promover as compras nos negocios cullerdenses.

7 de novembro de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.