Os centros de ensino pontevedreses acollerán dúas exposicións sobre a lingua e a literatura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer de balde, a calquera colectivo que as solicite, exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.

O galego tamén noutros mundos poderá visitarse no CIFP Carlos Oroza do 6 ao 14 de novembro mentres que, a mostra Castelao e nós, estará no IES Luís Seoane do 8 ao 22 de novembro.

O galego tamén noutros mundos consta de trece paneis nos que se trata a dimensión aberta e internacional da lingua galega, contribuíndo á valorización social da lingua e rompendo prexuízos sobre o seu prestixio e utilidade; esta idea transmítese mediante 11 paneis:

• Panel 1: portada

• Panel 2: introdución

• Panel 3: O galego, a lingua dun reino

• Panel 4: Unha lingua internacional

• Panel 5: Unha estadounidense, poeta en galego?

• Panel 6: Unha lingua emigrante e exiliada

• Panel 7: O mundo en galego

• Panel 8: Conectados/as á rede

• Panel 9: Galician sounds

• Panel 10: Podo estudar galego en Budapest?

• Panel 11: A nosa lingua unha marca de calidade

• Panel 12: Falantes orgullosos/as

• Panel 13: O galego tamén no meu mundo

Castelao e nós é unha mostra, promovida pola AS-PG co patrocinio da Fundación Castelao e Concello de Pontevedra, que está formada por 40 paneis de 42x60cm. Na exposición repásanse con textos e debuxos de Castelao temas como a economía, a emigración, a lingua, o nacionalismo, a guerra do 36, o antimilitarismo e as institucións.

5 de novembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.