Os centros de ensino musical e atril celebran Santa Cecilia cun concerto conxunto no auditorio
Con motivo da celebración de Santa Cecilia, patroa dos músicos, a Escola Municipal de Música e o Conservatorio Profesional, xunto coa asociación Atril, organizan un concerto conxunto aberto ao público no que participarán alumnos de ámbolos dous centros e o coro de Atril. Será o venres 22 a partir das 20 horas no Auditorio. A entrada é libre e de balde.
O programa inclúe interpretacións musicais de solistas, dúos, tríos e outras agrupacións que abordarán un repertorio que abarca distintos estilos musicais, dende o barroco ata o século XX.
Son moitas as especialidades instrumentais que se verán representadas no concerto: guitarra, piano, clarinete, frauta, violín, violonchelo, saxofón, trombón, bombardino, percusión…, algunhas delas como solitass, outras con acompañamento pianístico de profesorado dos dous centros, e outra como música de cámara, no caso do Allegro do London Trío de J. Haydn.
Dirixido por Enrique Alberto Martínez Rivero, o Coro da Asociación Atril, interpretará varias obras na compaña de dous alumnos do Conservatorio, Penélope Cervelo en primeiro lugar ao piano, e Isidoro Baúlo posteriormente coa percusión. O repertorio das obras que interpreta o coro distínguese por ser música actual, que abarca diferentes culturas, de moi diferente procedencia e divertida de escoltar e interpretar. Neste grupo coral participan non so pais e nais, senón tamén familiares e alumnos da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música.
Programa
– Españoleta…G. Sanz
Daniel López Santórum, Guitarra
– Marcha …D. Kabalewsky
Andante …J. Vanhal
Estudio …A. Goedicke
Lara Vidal Díaz, Piano
– Lento espressivo & Allegro vigoroso
Sonatina para Clarinete & Piano …P. Harris
José Valle González, Clarinete
Rosina Sobrido, Pianista acompañante
– Allegro, London trío nº 1…J. Haydn
Alba Piñeiro Lago & Carolina de las Fuentes Oliveira, Frautas
Andrea Petisco Fernández, Violonchelo
– Der kalif storch …N. J. Zivkovic
Sophie Núñez Castro, Marimba
– Siciliana & Allegro Moderato da Sonata BWV 1031… J. S. Bach
Laura Redondo Dasilva, Frauta
Javier Vila, Pianista acompañante
– Preludio et Allegro …Pugnani/Kreisler
Magdalena Rodríguez Carrera, Violín
Javier Vila, Pianista acompañante
– Licorice & Molasses …J.S. Pratt
Isidoro Baúlo Piñeiro, Caixa
– Serenade …J. Strimmer
Francisco Cerqueiras Diéguez, Saxofón
Rosina Sobrido, Pianista acompañante
– Trombonaria …J. Brouquieres
Paula Rial Mondragón, Trombón
María Galbán, Pianista acompañante
– Carnaval de Venecia…J. B. Arban
Adrián Martínez Vieites, Bombardino
Vladimira Smausova, Piano
CORO DA ASOCIACIÓN ATRIL
Scoo be doo song …S. Davies
Lusse lella …D. Azurza
Penélope Cervelo Bouzo, pianista acompañante
O-re-mi …Melodia popular de Lesotho, Suráfrica
Isidoro Baúlo Piñeiro, percusión
A laranxa …R. Bermejo
Txukun txukun dos Trabakantua …D. Azurza
Dirixe: Enrique Alberto Martínez Rivero











