Os cativos dos clubes de lectura da biblioteca de Ordes abordan o mundo da psicoloxía
Os clubes de lectura da biblioteca municipal de Ordes recibiron a visita da psicóloga da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Dolores García. Os membros de ambos dous grupos, Sopa de libros (6,7 e 8 anos) e Aventuras dos libros (9, 10 e 11 anos) tiveron a oportunidade de preguntarlle a esta profesional en qué consiste o seu traballo e qué tarefas realiza nunha das sús xornadas diarias. Ademais, tamén comentaron as lecturas programadas para esta ocasión, ‘Retoñito’ e ‘Ás de mosca para Anxo’.











