Os cativos de Aldán fan este vernes o roteiro dos Bolechas
Este venres 15 de novembro, un grupo de 35 nenos e nenas do CEIP A Espiñeira de Aldán (Sanxenxo), participarán no roteiro dos Bolechas co fin de dinamizar o uso da lingua galega ligada aos espazos urbanos. A actividade comezará ás 10.45 horas na praza da Peregrina.
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o Roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











