Os aparcamentos do entorno do centro comercial non se poderán utilizar por labores de limpeza
A campaña intensiva de limpeza chega o xoves as rúas do contorno do centro comercial Arousa. Por esta razón, os estacionamentos das rúas afectadas deberán atoparse completamente baleiros ás sete da mañá desa xornada para permitir o funcionamento da maquinaria da empresa Cespa. As rúas afectadas son García Lorca, López Cuevillas, Vista Alegre, Manuel Antonio e Ramón Fernández Mato.
Para que os estacionamentos poidan volver a utilizarse canto antes, o operativo de limpeza realizarase en dúas partes e, tan pronto como se vaia rematando unha rúa, xa se permitirá aparcar nela. Entre as entre as 7 e as 10 horas da mañá as máquinas limparán as rúas García Lorca e López Cuevillas, por esta orde. Entre as 10 e as 13 horas o dispositivo continuará por Vista Alegre, Manuel Antonio e Ramón Fernández Mato.
Como en anteriores ocasións, o Concello pide a máxima colaboración dos veciños para facilitar e non demorar os traballos de limpeza.











