Os alumnos do EPA Río Lérez fai o roteiro Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Parte do alumnado do Centro de Formación Permanente de Adultos Río Lérez fará mañá mércores, día 27 de novembro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo ás 16.30 horas da praza da Ferraría. Este non será o primeiro roteiro que este centro solicita pero si que o será para os 30 alumnos/as que farán a visita mañá.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano. O percorrido inclúe unha visita ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos
informados.

26 de novembro de 2013 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.