Ortigueira reforza o servizo de limpeza coa contratación temporal de dous peóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Concello de Ortigueira verá reforzada nos próximos días o servizo de limpeza municipal grazas á contratación dunha cuadrilla traballadores por parte de Deputación da Coruña. A iniciativa, no marco do programa de emprego anual que desenvolve o ente provincial en colaboración coa Xunta de Galicia, facilitará un posto de traballo temporal a dous veciños desempregados.

Os dous peóns locais, que asinaban os seus contratos de traballo o pasado venres encóntranse en período formativo ata o próximo 26 de novembro, momento en que se integrarán de xeito definitivo no servizo de limpeza de vías públicas municipal.

O programa de emprego provincial, do que se benefician os concellos menores de 20.000 habitantes, ten como obxectivo a contratación de persoas paradas co fin de dotar a todos os beneficiarios dunha experiencia profesional que lles axude á hora de encontrar un emprego no futuro. Por iso, o plan está dirixido a aqueles colectivos con maiores dificultades para a súa inserción laboral.

18 de novembro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.