Ortigueira estrea novo Punto de Información Multimedia de Turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Turismo e Cultura conta xa co primeiro Punto de Información Multimedia local. O novo instrumento de promoción turística recén colocado está financiado con axuda do Grupo de Acción Costeira A Mariña- Ortegal e permitirá facilitar información de interese para o visitante que chegue a Ortigueira as 24 horas do día e os 365 días do ano.

O quiosco multimedia é un ordenador con software multimedia e pantalla táctil instalado no interior dunha estrutura pechada que se encontra no exterior da antiga oficina de turismo (aberta só durante o verán), facilitando así ao máximo o seu visibilización aos que pasen pola Estrada Xeral.

O dispositivo, aínda en fase de probas, permitirá aos usuarios navegar polo portal turístico de Ortigueira  (www.turismoortigueira.com), ademais de pola web do Festival Internacional do Mundo Celta e a da Asociación Vilas Mariñeiras, entidade á que está adherido dende hai anos o concello. Deste modo, os visitantes poderán acceder a unha información completa sobre os puntos de interese e recursos turísticos da localidade.

A actuación municipal, cun investimento aproximado de 3.000 €, está cofinanciada polo Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, a Consellería del Mar e o Fondo Europeo de Pesca, vén a ampliar as ferramentas de promoción turística do municipio, contribuíndo así á dinamización económica do municipio.

8 de novembro de 2013 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.