Oroso asina un convenio coa Xunta para a construción dunha escola infantil de 41 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOroso
A-
A+
Beatriz Mato e o rexedor de Oroso na sinatura do convenio

Beatriz Mato e o rexedor de Oroso na sinatura do convenio

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asinaron hoxe un convenio para a construción dunha escola infantil nesa localidade.

Segundo se recolle no devandito convenio, o novo servizo ubicarase nunha parcela cedida polo Concello de Oroso situada na Avenida Garabanxa, no Lugar de Sigüeiro, e ofertará un total de 41 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Cara á contratación da obra de construción por parte da Consellería de Traballo e Benestar, estase rematando xa a redación do proxecto, polo que a licitación terá lugar nas próximas semanas.

A construción desta nova escola enmárcase na planificación da Consellería de Traballo e Benestar, que prevé continuar aumentando o número de prazas de 0-3 anos nos próximos anos. Nesa liña, o pasado mes de outubro licitouse a obra de construción dunha escola infantil de 20 prazas no Concello de Touro.

20 de novembro de 2013 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.