Ordes réndelle tributo ao Soldado Lois con misa e ofrenda floral

Homenaxe ao Soldado Lois
A igrexa parroquial de Santa María acolleu esta mañá os actos de conmemoración á figura do Soldado Lois. Unha celebración que todos os anos congrega a centenares de veciños e veciñas que coa súa presenza ensalzan a figura deste combatinte do grupo de Forzas de Infantería de Mariña de Ferrol, e que faleceu fronte as costar arxelinas no ano 1937 ao tratar de evitar a chegada de material de guerra aos portos de Alicante e Cartaxena.
“O soldado Lois foi capaz de entregar heroicamente a súa vida pola dos seus compañeiros. Pódese dicir que actuou igual que Xesucristo, xa que ambos se negaron a sí mesmos en beneficio dos demais. Pouca ou ningunha diferencia hai entre os santos e os heroes como o Soldado Lois”. Así se expresaba na homilia o párroco castrense da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol.
Entre os asistentes destacaron o alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o equipo de Goberno Local ao completo; membros da corporación local como Xesús Pedreira (PSOE), Ana Álvarez (CIdGA) e José Luis Martínez (PP); alcaldes doutros concellos da Mancomunidade de Ordes como Mariano Iglesias (Mesía), José Dafonte (Trazo) ou Roberto Rey (Frades). Tamén acudiron o capitán xefe e o tenente da Comandancia da Garda Civil de Santiago, Luis Arroyo e Óscar Mosquera; o sarxento do posto da Garda Civil de Ordes, Antonio Ricardo Pérez; o capitán da Garda Civil de Carballo, Jesús del Río; así como o Coronel Yáñez, por parte da Infantería de Mariña do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol.
Unha vez abandonado o pleno todos eles trasladáronse ata o cemiterio municipal do Piñeiro para proceder coa tradicional ofrenda floral, na que se depositou unha coroa de loureiro ante a tumba deste ilustre veciño, á par que se realizaba unha descarga de disparos na súa honra.











