Ordes inicia a campaña ‘Un Nadal para todos’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Este venres iniciase no Concello de Ordes a campaña solidaria ‘Un Nadal para todos’. Unha iniciativa coa que os seus habitantes contribuen para que todos os veciños e veciñas poidan desfrutar das vindeiras festas. Para elo doanse productos de alimentación envasados e non perecedeiros, así como bebidas que non sexan alcohólicas nos supermercados que colaboran con esta iniciativa (Gadis, Coviran, Día e Eroski). A campaña perdurará ata o 13 de decembro co fin de poder realizar o reparto entre as familias máis necesitadas antes da Noiteboa. Para poder facer realidad esta idea cóntase coa axuda e colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Ordes.

26 de novembro de 2013 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.