Ordes comeza as clases de graduado escolar para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Participantes no curso de graduado escolar

Participantes no curso de graduado escolar

Máis de 20 alumnos e alumnas de Ordes forman parte este ano dos cursos de graduado escolar para adultos. Unha vez máis o Concello de Ordes respalda esta iniciativa didáctica co fin de que todos eles poidan ver cumpridas as súas expectativas e inquedanzas tanto a nivel académico como persoal. No acto de inauguración estivo presente a tenente de alcalde, Silvia Marín, quen felicitou a todos os matriculados desta convocatoria pola “valentía de recuperar os seus estudos e esforzarse na súa formación que sen dúbida lles vai valer de moito”.

7 de novembro de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.