Ordes acorda axudas para asumir o copago sanitario dos veciños máis necesitados
O Concello de Ordes acordou na sesión plenaria correspondente ao mes de outubro asumir o copago dos medicamentos despensados nas farmacias hospitalarias do SERGAS aos veciños e veciñas con escasos recursos económicos. Os beneficiarios desta medida deberán dispoñer dun informe favorable por pare dos Servizos Sociais, de xeito que esta medida beneficie a aquelas persoas que realmente o precisan. A medida aproboda debido a unha moción presentada polo PSOE pretende contribuir positivamente e apoiar as economías domésticas mermadas pola perda de poder adquisitivo e que poidan derivar en situacións de exclusión social.
Outra dos puntos aprobados foi o de instar á Xunta para o mantemento do pozo ubicado en Fontenlas, na parroquia de Parada, para uso agrícola, ademais da creación doutros ao longo de todo o Concello. Unha solicitude que tivo o seu punto de orixen noutra moción presentada polos socialistas ordensen e que finalmente foi modificada co consenso de todos os grupos, polo que a súa aprobación foi unánime.
O mesmo consenso foi o que acadou o último dos textos presentados polo voceiro do PSOE, Xesús Pedreira, quen reclamou instar á Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infractructura da Xunta de Galicia a que demande da Empresa Concesionaria da Autopista do Atlantico AP 9, AUDASA, que elimine a denominada Herba da Pampa como planta ornamental, xa que está considerada como unha especie invasora que está a causar estragos de consideración en diversos puntos do territorio galego. Reclama tamén o inicio inmediato dun plan de erradicación e control no tramo correspondente o Concello de Ordes.
Por outra banda foron desestimadas as urxencias das mocións presentadas polo BNG. A primeira delas facía alusión ao incremento na taxa do lixo imposta por SOGAMA e que suporá un incremento en arredor dun 35%. Tal e como se explicou na sesión plenaria “este é un tema que se está a abordar dende a Mancomunidade de Ordes en conxunto polos sete concellos que a compoñen” según palabras do alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade Manuel Regos.
En segundo lugar tampouco se chegou a debatir a solicitude de creación dun banco de terras no entorno urbán para a súa cesión temporal co fin de destinalas ao cultivo e creación de hortas. A explicación veu dada pola enorme similitude que o proxecto presenta co que actualmente está a levar Cáritas Ordes con outros organismos e entes municipais.
No apartado de rogos e preguntas os socialistas viron cómo se tomaban en consideración as súas peticións en relación ó adecentamento do camiño entre Castenda e o Campo do Mouro, así como a inclusión da pista que enlaza con Os Cestaños dende a estrada entre Mercurín e o Quinto; a retirada de material inerte, por parte de Demarcación de Estradas e do Ministerio de Fomento, procedente de obras da estrada N 550 depositado en Guindiboo de Abaixo; e do estudio do paso de peóns ubicado a carón do Bar Ferreira co fin de saber si está ubicado nun lugar aconsellable, e a posibilidade de instalar paneis lumninosos co fin de evitar os atropelos que soen acontecer neste punto do casco urbán de Ordes.
O BNG solicitou unha mellora nas pistas de concentración parcelaria con desbroces, ao que se lle respostou que se está analizando a posibilidade de conceder unha partida orzamentaria adicada a elo e máis a limpeza das mesmas. Dende o goberno local tamén se aclarou que en breve se iniciarán as obras de arranxo da rede de saneamento da rúa O Recreo tras as deficiencias detectadas tras a última intervención hai un ano por parte da Deputación da Coruña. Do mesmo xeito se procederá para que o Ministerio de Fomento arranxe as pistas ubicadas nas inmediacións da nave de Internaco. No caso das obras realizadas recentemente na Alameda de Ordes aclarouse que se trata dun problema co canalón cuxo custo cubriuno íntegramente a empresa encargada do proxecto, polo que non supuso ningún custo para as arcas municipais.
No turno dos populares reclamouse a eliminación dun vertedoiro ilegal en Fosado, a adquisición da obra literaria da poeta local Marisol Gándara, así como o repintado e resinalización dos pasos de peóns da vila. Tamén se ofreceron explicacións en relacións co custo das festas patronais, as cales ascenderon a 68.500 euros, dos cales 60.000 euros foron aportados polo Concello, mentres que as aportacións veciñais achegáronse aos 12.000 euros. O Concello tamén tomou en consideración a exucución de obras de mellora no lugar coñecido como O Curro, así como a reparación dunha marquesiña no lugar do Conde.











