Oleiros organiza charlas sobre seguridade viaria para persoas maiores
A Policía Local de Oleiros, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, vai impartir dúas sesións informativas sobre seguridade viaria dirixidas ás persoas maiores.
As charlas serán en:
– Casa do Pobo de Mera, xoves 12 de decembro, ás 17:00 horas
– Casa do Pobo de Nós, venres 13 de decembro, ás 19:00 h
Cando se vai camiñando sempre hai que ter moito coidado, pero agora que chega o inverno hai que extremar as precaucións, polo que se van organizar estas dúas charlas nas que ademais de recomendacións e consellos para camiñar seguros se entregarán ás persoas que participen uns chalecos reflectantes co fin de facerse mais visibles.
O exercicio físico e saír a pasear é fundamental para manterse activo e nun bo estado de saúde, pero é clave facelo dunha forma segura e seguindo as recomendacións que nos transmiten os expertos en seguridade viaria, non hai que esquecer que Galicia é unha das comunidades autónomas onde se producen mais mortos por atropelo.











