Oleiros facilitará a participación na Andaina Contra a Violencia de Xénero
O Consorcio As Mariñas organiza unha andaina contra a violencia de xénero o vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 10:30 horas polo paseo fluvial de Arteixo cun percorrido de 5 km.
Esta andaina é a segunda vez que se organiza e pretende ser un acto de sensibilización contra a violencia de xénero na que toda a sociedade participe activamente e amose o seu rexeitamento a esta lacra social. O ano pasado parte do seu percorrido transcorreu polo paseo marítimo de Santa Cristina e participaron numerosos veciños e veciñas do noso concello.
Xa que este ano é en Arteixo e pode haber dificultades no transporte por parte dalgunhas persoas vaise facilitar a participación das persoas veciñas de Oleiros interesadas en acudir a esta andaina cun servizo gratuíto de autobús.
As persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ou a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Animamos á poboación de Oleiros a sumarse a este acto e a participar no rexeitamento á violencia de xénero a través desta actividade saudable.











