Ocupación completa do Centro de Desenvolvemento Local de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O concelleiro responsable da área de Formación e Emprego e tenente alcalde do Concello de Mos, Óscar Soto, informou hoxe sobre a vertixinosa actividade que o CDL, Centro de Desenvolvemento Local mosense, leva mantendo no que vai de ano. E é que durante este ano 2013, a ocupación do CDL estivo marcada entre outras actividades, polas accións formativas organizadas pola concellería de Emprego e outras organizadas por outras concellerías e entidades de interese social e privadas.

Nestes intres dos cinco cursos AFD concedidos pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo dirixidos os/as desempregados de Galicia, están rematando os tres últimos, estando tódolos alumnos en prácticas. Ás prácticas destes cinco cursos desenvólvense nun total de trinta e tres empresas e Concellos, realizando un total de sesenta alumnos ás prácticas dos setenta que finalizaron o curso.

Das empresas colaboradoras coas prácticas obrigatorias do curso “Atención sociosanitaria á persoas no domicilio”, entre as que podemos atopan: Sociser, Edades Tui, Atendo y Eulen. Estas alumnas están desenvolvendo actividades de axuda no domicilio á persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social.

Óscar Soto explicaba esta mañá que “os nosos alumnos de “Portugués: atención ao público están en diversas empresas, entre elas varias de Portugal, nelas destacariamos a Cámara Municipal de Valença, o Hotel Benestar Termas de Monçao e grazas a axuda da colaboración da Uniâo Empresarial do Vale do Minho, algúns destes alumnos están desenvolvendo ás prácticas en empresas de Monçao e Valença. O obxectivo será solventar as labores de atención ao cliente en lingua portuguesa, desenrolando os procesos de comprensión e expresión oral e escrita”.

O edil responsable do departamento municipal de Formación e Emprego declarou tamén que “tivemos a colaboración de diversos Concellos, empresas de traballo temporal, ademais de asociacións para a colocación dos noso alumnos de Xestión de Emprego, entre elas destacamos a colaboración de Alliance, Concello de Ponteareas, COGAMI, AEMOS e ADECCO, entre outros. Estes alumnos están practicando captar a oferta e demanda de emprego para á súa xestión, seguindo o proceso de casación da oferta e demanda ata a súa finalización”.

“As nosas instalacións”, continuaba explicando Soto, “tamén serven para que as persoas que non teñen o Título de Educación Secundaria Obrigatoria poidan obtelo a través de preparación semipresencial da proba libre, impartida pola Radio Ecca os Xoves de 9:30 a 13:30 horas”.

Noutros casos estas instalacións xeran recursos para que empresas como HB FULLER poda impartir diversos cursos aos seus traballadores, como os cursos de autoemprego, Office, operario de automoción e almacén. Estes cursos teñen como obxectivo que os traballadores obteñan novas competencias profesionais para obter un novo perfil profesional e moito máis actualizado. A empresa GDOCE neste mes de novembro utilizará as nosas instalación para o curso de Montadores de estadas dunhas 20 horas de duración.

Outras concellerías tamén utilizan as dependencias do CDL para proceder a impartir os seus cursos, un exemplo pode ser a concellería de Participación Cidadá, que imparte o curso de iniciación e Perfeccionamento de Inglés dende outubro ao mes de maio nas nosas dependencias. A esta concellería concedéronlle dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia os talleres de Escola Emprende (o día 27 de novembro) e Oratoria e Coaching (o 29 de este mesmo mes), estes talleres teñen como público obxectivo os xoves menores de 35 anos principalmente do Concello de Mos, aínda que ata cubrir prazas aceptarse a persoas que non cumpran con estes requisitos.

A concellería de Benestar Social ten planificados diversos actos como conmemoración do Día Internacional para á Eliminación da Violencia de Xénero, encargarase de realizar unha programación de actividades en distintos lugares do Concello de Mos (Multiusos, CDL…). Dita programación iniciarase o domingo 24 de novembro e finalizará o martes 26.

Esta concellería tamén desenrola dende o mes de outubro dous cursos nas dependencias do CDL: o Curso de Xestión Doméstica Básica dunhas 15 horas de duración e o Alfabetización Dixital e Habilidades Sociolaborais, contando cuns 15 alumnos.

O programa Actívate da Deputación de Pontevedra, que se desenrola nos diversos Concellos de Pontevedra imparte nas aulas do CDL o curso de mecánica Básica do Automóbil contando cuns 25 alumnos por curso nesta segunda edición.

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) situada nas dependencias do Centro de Desenvolvemento Local tamén impartirá un curso de carretilleiro os días 27 e 28 de novembro de 8 horas de duración.

Dende o departamento de Formación e Orientación Laboral tamén está a informarse ós usuarios da nova convocatoria pública do procedemento das competencias profesionais a través da Experiencia Profesional das especialidades: Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio,  Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, Servizos para o Control de Pragas, Información Xuvenil, Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais.

Dende o Servizo de Asesoramento a Emprendedores, SAE, aténdese a preto de dez emprendedores ao mes, facilitando desta maneira a atracción de inversores ao Concello e a creación de microempresas, que pasarán a incrementar o importe do tecido industrial do municipio.

A principios do mes de Decembro ten previsto comezar o curso da Diputación de Pontevedra, Aquelando 3 “Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio”. En total realizáronse no CDL de Mos no que vai de ano 18 cursos e 5 actividades.

21 de novembro de 2013 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.