Obras e Servizos leva a cabo unha obra de mellora dr a seguridade vial no Temple
O departamento de Obras e Servizos está levando a cabo unha obra no Paseo Marítimo do Temple, no Piñeiral da Raíña, para mellorar a seguridade vial nun cruzamento peonil. Trátase de ofrecer aos peóns unha maior visibilidade á hora de cruzar a rúa Vicente Risco, que no paso de peóns presentaba unha escasa visibilidade para os veciños que o cruzaban debido á presenza dos colectores de residuos. Agora, grazas a esta actuación, que ampliou a superficie de beirarrúa, poderán cruzar con maior seguridade. Segundo o departamento de Obras, que dirixe Manuel Marante, trátase dunha obra pequena pero moi necesaria para os veciños que ata agora tiñan que cruzar con pouca visibilidade o citado paso.











