Obradoiros de alimentación saudable no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A área municipal de Sanidade colaborará na realización dun taller de alimentación saudable, dirixidos ás familias do Carballiño, e que serán impartidos pola empresa Eidotec a partir do próximo mes de decembro, sempre que conten coa participación dos veciños da vila.

Neste taller, que terá unha duración de dous meses, dúas horas á semana, ofrecerase aos participantes técnicas e métodos para crear hábitos saudables, como previr cunha alimentación axeitada as enfermidades da infancia e dos adultos como a obesidade, a diabete, etc… Tamén se darán conceptos básicos sobre alimentación, nutrición e dieta equilibrada e saudable.

Trátase de talleres moi participativos, nos que é aconsellable que estean os pais e os fillos, xa que neles se planificarán menús, e aprenderase a como introducir dun xeito atractivo todas as verduras, froitas ou legumes, tan difícil de ofrecer os nenos, en pratos apetitosos para eles.

Todos os interesados en asistir a este taller deberán dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais, situadas na rúa Faustino Santalices do Carballiño, ou ben chamar para solicitar información ao teléfono 988531076. Alí ofreceranlles toda a información necesaria, así como o custo deste taller.

14 de novembro de 2013 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.