O viño da D.O. Ribeiro é un dos produtos recomendados no Santiago(é)Tapas
O concurso Santiago(é)Tapas deu comezo onte na súa cita con petiscos que rematará o domingo 24 de novembro. Trátase da sexta edición dun evento que conta con 66 establecementos participantes e 109 petiscos no concurso e que está organizada pola Asociación de Hostelería Compostela.
A participación do C.R.D.O. Ribeiro consiste en que todas as referencias da D.O. Ribeiro son viños recomendados nos establecementos participantes, onde o pousavaso que utilicen para servir o viño cobra moita importancia, xa que servirá como papeleta para votar a calidade da tapa. O público poderá degustar as tapas a un prezo único de 2 euros e selando o seu tapasporte poderán gañar numerosos premios directos e sorteos.
O Hostal dos Reis Católicos foi o marco onte para a súa presentación oficial, acompañada de degustación de tapas. Na mesma estiveron a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o coodinador da Comisión de Restauración da Asociación Hostelería Compostela, Germán González; o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez e outros patrocinadores da acción compostelana.
Establecementos participantes
O mapa de Santiago volverá dividirse en (é)tapas. As (é)tapas son os roteiros nos que se agrupan os distintos locais participantes, segundo criterios de proximidade.
A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, 25 de julio, A Curtidoria, AC Palacio del Carmen, Acio, Central, Cre-Cottê Creperie, Enxebre-Hostal de los Reyes Católicos, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, San Jaime e Xuntanza.
A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Tafona, Agarimo, Café de Altamira, Casa Pepe, Cervantes, Garum Bistró, La Bodeguilla de San Roque, Medusa, O Curro de Parra, O Elefante, O Piorno, O Tragaluz de Texturas Galegas e Paso del Noroeste.
Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Arco de Mazarelos, Bodegón de Xulio, Calderón, Caney, El Pasaje, La Cantina de A Curtidoría, Malak, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O ’42, Pecaditos, Porta Faxeira e Venecia.
A (é)tapa Praza Roxa suma a: ADGELO, Albarella, Artesana, El Bocalino, Galopín, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial, Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario e Tryp Santiago.
Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A Grella, A Moa, Bicoca, La Barrika, La Bodeguilla de San Lázaro, La Casa de la Marquesa, La Flor, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del Camino, Santiago Apóstol, Susos.











