O veciño de Ponte Caldelas subcampión de España de Light Contact, Roi Márquez, participa no campionato español de “Savate”

Roi Márquez na visita ao consistorio
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, recibiu na Casa do Concello o subcampión de España de Light Contact, o boxeador de Cuñas, Roi Márquez Ricón, e desexoulle sorte no Campionato de España de Boxeo Francés (Savate), no que participará este sábado, dentro da Selección Galega, na modalidade de menos de 65 quilos.
Roi Márquez Ricón, de 25 anos, pertence ao Club Xparta de Ponte Caldelas e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas co fin de que pudieracompletar o seu equipación e asíparticipar dun xeito adecuado no Campionato de España ao que asiches tras ser seleccionado polo seu magnífico estado de forma e palmarés. En tan só un ano de práctica activa e competitiva deste deporte xa é Medalla de Prata Light Contact, unha disciplina similar ao Kickboxing que está a gañar adeptos e interese en Galicia.
O Concello de Ponte Caldelas aposta pola práctica do deporte, tanto individual coma de equipo, como unha parte esencial na formación da persoa ao tempo que supón unha forma de desfrute do tempo libre positiva e saudable.
Dentro das súas posibilidades, o Concello colabora con todas as manifestacións e disciplinas deportivas que se practican neste municipio, sobre todo a través das Escolas Deportivas, que este ano, ademais das impulsadas pola Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas e o Club de Tenis tamén se estenderon ao ensino da ximnasia rítmica e o taekwondo.
O Savate, tamén coñecido como boxeo francés, é unha disciplina deportiva de contacto que usa tanto as mans coma os pés coma armas e inclúe elementos do boxeo occidental, técnicas de agarre e técnicas de perna (só cos pés). Os practicantes de savate son denominados, “tireurs” no caso dos homes, e “savateuses” no das mulleres.
Savate adquire o seu nome etimoloxicamente da palabra francesa bota vella (calzado pesado que se adoitaba usar durantes os combates) e é actualmente unha amálgama para as técnicas francesas de loita na rúa de principios do século XIX. Nesa época, o Savate era un tipo de loita común en París e no norte de Francia. En contraste, nesta época en Inglaterra (o lugar de nacemento do boxeo e as regras de Queensberry), dar patadas era visto como antideportivo.











