O seleccionador nacional de fútbol sala de Inglaterra, Peter Sturgess, visita Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaLugo
A-
A+
Peter Sturgess na visita ao Azkar Lugo

Peter Sturgess na visita ao Azkar Lugo

O Seleccionador Nacional de fútbol sala de Inglaterra, Peter Sturgess, realizará durante esta semana unha estancia en Lugo onde coñecerá de primeira man o Azkar Lugo FS, as súas categorías inferiores e a laboura social que realizan tanto o club como a Fundación Azkar. Sturgess coñecerá polo tanto o club e á Fundación desde dentro, coas súas metodoloxías de traballo, o labor que día a día se levan a cabo en ambas entidades, ademais de velo na propia pista de xogo onde seguirá as evolucións, tanto en adestramentos como en partidos, do primeiro equipo, filial e resto de categorías base.

O seleccionador inglés quere coñecer deste xeito como se traballa o fútbol sala en España e en concreto na 1ª división do fútbol sala español. Toda a estrutura de traballo do club e da Fundación poñerase a disposición do preparador inglés para así dar a coñecer o seu modelo de traballo coa canteira que está sendo do interese de varios clubs a nivel nacional e internacional, quenes se interesan polo modelo que o Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar están desenvolvendo. Peter Sturgess, que chegou a última hora da noite de onte a Lugo, permanecerá na capital lucense ata este próximo domingo.

12 de novembro de 2013 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.