O segundo exame da oposición ás prazas de auxiliar administrativo realizarase en Caión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A segunda proba da oposición convocada polo Concello da Laracha para cubrir en propiedade dúas prazas de funcionario de carreira da subescala auxiliar administrativo realizarase o martes (19 de novembro) a partir das 11.00 horas no pavillón polideportivo de Xermaña, na parroquia de Caión.

As 89 persoas que superaron o primeiro exame tipo test, celebrado o pasado día 19 de outubro, están citadas ás 10.30 horas nesa mesma instalación para que os membros do Tribunal poidan comprobar a súa identidade.

Este segundo exame consistirá nun exercicio escrito sobre un exemplo práctico da actividade administrativa municipal. Aqueles aspirantes que superen esta proba deberán realizar, en data aínda por concretar, o terceiro exame, consistente en dúas probas informáticas sobre o uso do paquete Office 2007. O último exercicio será o referido ao coñecemento da lingua galega, do que estarán exentos os aspirantes que acrediten estar en posesión do certificado Celga 3.

As dúas prazas de auxiliares administrativos que o Concello da Laracha consolidará por medio desta oposición están incluídas na relación de postos de traballo (RPT) e son, por tanto, consideradas necesarias para o óptimo desenvolvemento das labores administrativas nas oficinas xerais municipais.

15 de novembro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.