O Santiago(é)Tapas comeza con máis de 10.000 petiscos vendidos na súa primeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Santiago(é)Tapas comezou a súa andaina con moitísima forza e, nesta primeira semana, xa se serviron máis de 10.000 petiscos nos 66 establecementos participantes.

Dende o seu inicio, a cidade encheuse de comensais que, co tapasporte na man, lanzáronse a descubrir sabores. A valoración nos locais é, en liñas xerais, moi positiva e neles destácase especialmente a visita de clientes non habituais.

A cita alongarase ata o domingo 24 de novembro. Trátase da sexta edición dun evento no que degustar ata 109 petiscos distintos no concurso aos que cómpre sumar os 10 combinados dos 10 locais do Santiago(é)Noite.

Os celíacos poderán gozar con 25 creacións de 23 locais pensadas tendo en conta coa súa doenza, cifra que aumenta respecto dos 21 petiscos e 17 locais da edición do 2012. Esta faceta do concurso está fornecida co asesoramento da Asociación de Celíacos de Galicia.

Tamén os vexetarianos ou os amantes das tapas doces teñen creacións pensadas especificamente para eles, e poden atopalas identificadas como tales no tapasporte ou no portal web www.santiagoetapas.com De igual xeito, tamén hai petiscos elaborados a partir de conservas.

Para o público, o Santiago(é)Tapas repite a súa mecánica habitual. Os clientes dos distintos locais poden probar as tapas a un prezo único de 2 euros e, selando o seu tapasporte, optan a numerosos premios directos ao completar as distintas (é)tapas e sorteos. O pousavaso sirve como papeleta para votar a calidade do petisco.

Entre eses premios están billetes de avión de ida e volta a Estambul con Turkish Airlines, paquetes do programa Outono Gastronómico de turismo rural con Turismo de Galicia, ceas e estancias en hoteis e restaurantes colaboradores, lotes de produto enogastronómico, visitas guiadas á Catedral de Santiago…

O mapa de Santiago volve dividirse en (é)tapas. As (é)tapas son os roteiros nos que se agrupan os distintos locais participantes, segundo criterios de proximidade.

Establecementos participantes

A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, 25 de julio, A Curtidoria, AC Palacio del Carmen, Acio, Central, Cre-Cottê Creperie, Enxebre-Hostal de los Reyes Católicos, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, San Jaime e Xuntanza.

A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Tafona, Agarimo, Café de Altamira, Casa Pepe, Cervantes, Garum Bistró, La Bodeguilla de San Roque, Medusa, O Curro de Parra, O Elefante, O Piorno, O Tragaluz de Texturas Galegas e Paso del Noroeste.

Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Arco de Mazarelos, Bodegón de Xulio, Calderón, Caney, El Pasaje, La Cantina de A Curtidoría, Malak, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O ’42, Pecaditos, Porta Faxeira e Venecia.

A (é)tapa Praza Roxa suma a: ADGELO, Albarella, Artesana, El Bocalino, Galopín, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial, Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario e Tryp Santiago.

Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A Grella, A Moa, Bicoca, La Barrika, La Bodeguilla de San Lázaro, La Casa de la Marquesa, La Flor, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del Camino, Santiago Apóstol, Susos.

Ademais, dez establecementos da zona nova e da zona vella, xa de noite, ofrecen combinados e cócteles especiais. Os locais do Santiago(é)Noite son: Armería, Atlántico, Bolengo, Casa das Crechas, Garoa, Kapital, La Flor, O Boneco, Retablo e Sónar.

Os establecementos do Santiago(é)Noite ofrecen as súas creacións nos seus horarios habituais. O prezo é de 3,5 euros para quen presente o seu tapasporte, o documento con toda a información sobre o certame e no que se selan as distintas visitas aos establecementos.

En total, hai seis premios distintos para os distintos establecementos que se presentan ao certame de petiscos. O xurado profesional establecerá catro premios, ás tres mellores tapas e unha á mellor tapa elaborada con conservas.

Pola súa banda, o público, cos seus votos nos pousavasos depositados nas urnas, escolle a Tapa do Público e o Premio do Público (é)xcelente ao establecemento máis valorado como experiencia global de cliente.

Coa finalidade de que os visitantes e turistas que se atopen na cidade nas datas do Concurso tamén gocen del, o Tapasporte Express será unha versión reducida e intensiva do Tapasporte.

O xurado do concurso inclúe cociñeiros, xornalistas gastronómicos e seareiros do Santiago(é)Tapas que se inscriben nesta opción a través das redes sociais sociais twitter @santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas. A fidelidade dos afeccionados ao Santiago(é)Tapas é un dos puntos fortes dun concurso que é referencia en Galicia.

Organización e patrocinadores

Hostelería Compostela organiza e promove este concurso que conta coa colaboración institucional de Turismo de Santiago; o patrocinio especial de Turkish Airlines; o patrocinio de Cash Record; a colaboración especial de Estrella Galicia e a colaboración de Fundación Catedral e Turismo de Galicia.

Os productos recomendados son os viños da Denominación de Orixe Ribeiro,  Federico Paternina e Don Pedro de Soutomaior.  Ademais, tamén colaboran con produto distintas empresas do sector agroalimentario e turístico.

15 de novembro de 2013 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.