O Santiago Futsal xa ten o pé na Copa que se celebrará en Logroño
O Santiago Futsal logrou 3 puntos con sabor a Copa ante o seu rival máis directo, o Marfil Santa Colomba, a quen venceu 4-1 tras unha primeira parte igualada e unha segunda metade na que os de Santi Valladares foron unha apisoadora. O Santiago Futsal continúa invicto na casa e alcanza a cuarta praza detrás dos tres grandes. Durante o partido, a LNFS deu a coñecer a sede da Copa de España 2014 que será en Logroño do 13 ao 16 de Marzo.
O partido comezou con dominio do conxunto santiagués, aínda que con ocasións igualadas en ambas as dúas portarías, que chegaban en situacións de contra. Ningún dos dous equipos se achegaba con moito perigo sobre a portaría contraria, con pouco traballo para Didac e escasas intervencións de Juanjo, que destacou coas súas saídas nos pases longos a Dani Salgado.
Tras o tempo de descanso o Santiago Fusal saíu moito máis intenso, e aínda que Marfil Santa Colomba tivo un par de ocasións á contra para poñerse por diante, Quintela inaugurou o marcador tras unha gran xogada na que se escapou de case todos os xogadores do equipo contrario. O aluvión continuou e David foi o encargado de facer o segundo para delirio da afección. O Santiago Futsal foi moi superior e Lucho puxo o terceiro confirmando o dominio santiagués. Sepe vestiuse inmediatamente de porteiro-xogador a algo máis de 6 minutos do final, pero tardou o Marfil en facer as primeiras ocasións claras. Dani Salgado recortou distancias a 2 do final e Lucho pechou o marcador cun auténtico golazo a 10 segundos da bucina final.
Sala de prensa
Ao finalizar o partido, Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comentou que “despois dunha primeira parte un pouco anódina, na segunda estivemos moito mellor. Estou moi contento porque seguimos invictos na casa, o equipo recuperou a senda da vitoria e traballamos moito para conseguir unha vitoria así o fin de semana. Aínda Que matematicamente non estamos en Copa, demos un paso moi importante
Pola súa banda, Xavi Passarrius, técnico do Marfil Santa Colomba, afirmou ao final do partido que foi unha primeira parte moi igualada na que o Santiago saíu con moita forza ao principio e nós collemos o ritmo, defendemos e tivemos algunha contra con perigo. Na segunda parte custounos entrar e unha das claves foi non nos poder adiantar no marcador tras un par de contras claras. Cando o Santiago Futsal se puxo por diante foron a máis e nós a menos”.
Ficha do partido
Santiago Futsal: Didac, Adolfo, Rubén, Dani Salgado e Sepe (cinco inicial), A. Segura, Eric Martel, Rafa López e Lluc
Xaén Paraíso Interior: Juanjo, Barroso, Lucho, Hugo e Diego Quintela (cinco inicial), Palomeque, David, David Pazos, Chus, Eloy Rojas e Pablo Tallón.
Goles: 1-0 Diego Quintela (min 27), 2-0 David (min 31), 3-0 Lucho (min 33), 3-1 Dani Salgado (min 38), 4-1 Lucho (min 39).
Árbitros: Pradairo Ruiz e de Juana González do colexio cántabro
Amoestacións: Tarxeta amarela para Adolfo do Santiago Futsal e para Lucho do Santiago Futsal
Incidencias: Partido correspondente á duodécima xornada de liga, disputado no Multiúsos Fontes do Sar ante 1400 espectadores.











