O Santiago Futsal volve aos adestramentos para preparar a súa visita a Navarra
O equipo do Santiago Futsal volveu esta semana aos adestramentos para preparar o seu próximo compromiso ligueiro ante o Magna Navarra o venres 15 de Novembro ás 20,30h no Pavillón de Anaitasuna. Os santiagueses chegan a esta undécima xornada conservando a quinta praza con 17 puntos, a 2 de Marfil Santa Colomba que é cuarto e con 3 puntos de vantaxe sobre Burela Pesc Rubén e Montesinos Jumilla, que son sexto e sétimo respectivamente.
A pesar de sumar a súa segunda derrota en Liga co líder da clasificación, os santiagueses recuperaron as boas sensacións de xogo e este fin de semana esperan conseguir o seu segundo triunfo a domicilio no pavillón de Magna Navarra, que pecha os postos de Copa con 12 puntos. Os de Imanol Arregui, disputarán mañá o partido adiantada da duodécima xornada ante o FC Barcelona Alusport, por disputar este a fase previa da UEFA Futsal Cup.
Juanjo foi o único ausente no adestramento do Santiago Futsal, por encontrarse concentrado coa selección española que hoxe disputa un amigable ante a selección de Grecia, na partida homenaxe a Kike Boned.
Plan de traballo da semana
Luns 11 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Preventivo + Resistencia Mixta
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Martes 12 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida +Transferencia +Porteros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 13 de Novembro:
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 14 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,15h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
12 h – Saída cara a Pamplona
Venres 15 de Novembro:
20,30h – Pavillón Anaitasuna – Magna Navarra vs Santiago Futsal
Sábado 16 de Novembro:
Descanso
Domingo 17 de Novembro:
Descanso
Resultados do fin de semana
O equipo filial do Santiago Futsal venceu 2-0 ao Xove FS este fin de semana e xa suma 11 puntos tras sete xornadas. Os de Adri Martiño foron os dominadores absolutos do balón durante a práctica totalidade do partido, roubando balóns arriba e creando numerosas ocasións de perigo que non lograron materializar. A escasos tres minutos do descanso, Gianzo foi expulsado do partido por vermello directo, pero o filial soubo aguantar ben a inferioridade, chegando con empate a ceros ao descanso.
A segunda parte comezou coa mesma tónica, con dominio do balón dos santiagueses e xerando maior perigo sobre a portaría de Xove, que pronto encaixaría o primeiro gol, obra de Álex transcorridos 3 minutos, mentres que Xullo foi o autor do segundo tanto no ecuador da segunda parte. Os de Adri Martiño puideron aumentar a súa renda tras gozar dunha superioridade tras a expulsión dun rival, e a falta de 3 minutos para o final, souberon defender ben o ataque con porteiro-xogador, mantendo a súa portaría a cero.
1ª División (10ª Xornada)
Inter Movistar 4-1 Santiago Futsal
3ª División (7ª Xornada)
Santiago Futsal B 2-0 SD Xove FS
Liga Xuvenil Nacional (6ª Xornada)
Santiago Futsal Juv Nacional 8-1 O Esteo FS
Liga Xuvenil Autonómico (6ª Xornada)
Santiago Futsal Juv Autonómico 3-7 Ganain/CD Beade
Liga Cadete Autonómica (6ª Xornada)
Santiago Futsal Cadete 4-3 Colexio Liceo
Liga Infantil Autonómica (6ª Xornada)
Santiago Futsal Infantil Autonómico 0-6 Colexio Liceo
Amigables
Alevín
Santiago Futsal IES Fontiñas Alevín A 3-1 SD Cacheiras
Benxamín
Santiago Futsal IES Fontiñas Benjamín B 4-10 SD Cacheiras
Feminino
Santiago Futsal A Gaiola A 4-0 Gancho Futsal
Santiago Futsal A Gaiola B 0-2 Peleteiro











