O Santiago Futsal suma un punto e mantén na clasificación a cuarta praza
O Santiago Futsal sumou un punto na súa visita á cancha do Peñíscola Adegas Dunviro tras empatar 1-1 e aínda que non ten a clasificación matemática para a Copa, o gol-average a favor dálle vantaxe sobre os seus rivais. Os santiagueses seguen sen callar fóra da súa cancha, pero manteñen a cuarta praza con 21 puntos. A mellor noticia deuna a volta de Hamza ás pistas tras 4 meses de lesión
Peñíscola saíu presionando desde o primeiro segundo coas primeiras ocasións sobre a portaría de Raúl, que encaixou o primeiro gol obra de Charly Maza a tan só 30 segundos do comezo tras unha xogada de estratexia. Aos poucos o partido foise equilibrando e un mal despexe de Gus nunha saída fixo que David recollese o rexeite marcando o empate aos 4 minutos. O Santiago Futsal foi tomando posesión do partido e xerando moito perigo sobre a portaría dos locais. Peñíscola tratou de sorprender nalgunha contra, pero os santiagueses tiveron o control do partido, con 2 postes de David Pazos e claras ocasións de Diego Quintela ou Loito, chegándose ao descanso con empate a 1 no marcador.
Tras o tempo de descanso o partido seguiu igual de intenso con ocasións para ambos os equipos no que os postes continuaron sendo os protagonistas en ambas as portarías. O cansazo comezou a facerse notar cara ao ecuador da segunda parte e o Santiago Futsal cargouse de faltas a escasos 5 minutos do final. Os locais non se conformaban co empate, querendo sumar o tres puntos que lles mantivesen vivos na loita por clasificarse para a Copa e a menos de 2 minutos para o final, Uge vestiuse de porteiro-xogador, sen xerar apenas perigo sobre a portaría de Raúl, finalizándose o partido con repartición de puntos.
Sala de prensa
Ao finalizar o partido, Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comentou que “na primeira parte encaixamos o gol moi rápido, pero reaccionamos rápido e metémonos/metémosnos pronto no partido. Fixéronnos moito dano co xogo de pivote, pero estivemos moi ben en defensa. Foi un partido moi igualado e o resultado é xusto nunha cancha moi complicada”.
Ficha do partido
Peñíscola Adegas Dunviro: Gus, Uge, Charly Maza, Carlos Anós e Juanqui (cinco inicial), Contreras, Asensio, Voitre, Michel e Solano.
Santiago Futsal: Raúl, Barroso, Quintela, Hugo e Eloy Vermellas (cinco inicial), David, David Pazos, Loito, Hamza, Chus.
Goles: 1-0 Charly Maza (min 1), 1-1 David (min 4)
Árbitros: Alonso Montesinos e Santander Flamarique do colexio aragonés
Amoestacións: Cartón amarelo para Juanqui de Peñíscola e para Barroso do Santiago Futsal
Incidencias: Partido correspondente á décimo terceira xornada disputado no Pavillón Municipal de Benicarló











