O Santiago Futsal prepara o encontro ante Peñíscola

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O equipo do Santiago Futsal xa prepara o seu próximo compromiso ligueiro que será este venres 29 ante o Peñíscola Bodegas Dunviro a partir das 20,30h e que será retransmitido en directo polas cámaras de Energy TV dende o Pavillón Municipal de Benicarló.

Os de Santi Valladares chegan a esta xornada en cuarta posición por detrás dos tres grandes e con 20 puntos, aínda que sen ter matematicamente asegurada a súa presenza na Copa de España, da que xa se coñece a sede e que será en Logroño do 13 ao 16 de Marzo.

Pola súa banda, o recén ascendido Peñíscola é décimo con 13 puntos e con opcións aínda de entrar en postos de Copa, polo que o partido deste venres será unha final para ambos os dous rivais, que buscarán dar un importante paso de cara ao devandito obxectivo.

Plan de traballo da semana

Luns 25 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Preventivo + Resistencia Mixta
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Martes 26 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Forza rápida +Transferencia +Porteros
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 27 de Novembro:
17 h – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico

Xoves 28 de Novembro:
9,30 – Multiúsos Fontes do Sar – Táctico
11,30h – Sala de prensa do Multiúsos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
22 h – Saída cara a Peñíscola

Venres 29 de Novembro:
20,30h – Municipal de Benicarló – Peñíscola FS vs Santiago Futsal

Sábado 30 de Novembro:
Descanso

Domingo 1 de Decembro:
Descanso

25 de novembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.