O Santiago Futsal cae eliminado da Copa do Rei ante Segovia Futsal
O Santiago Futsal caeu eliminado na Copa do Rei tras perder 3-2 ante Segovia Futsal nun partido no que os segovianos se puxeron por diante aos dous minutos, indo sempre a remolque dos locais, que levaron as rendas do partido durante a práctica totalidade do encontro.
O Segovia Futsal saíu a por todas e púxose por diante aos dous minutos cun gol de Castela. Pouco lles durou a alegría aos locais, que un minuto despois vían como os santiagueses empataban o partido tras un gol de Bingyoba en propia porta. Tiveron ocasións os segovianos para volver adiantarse no marcador, pero tras disputar apenas 9 minutos, cargáronse de faltas. O Santiago desaproveitou claras ocasións para marcar antes do descanso, pero volveu ser Segovia quen marcou, está vez Bingyoba na portaría defendida por Raúl. Mentres, o Santiago Futsal seguía buscando o empate, desaproveitando Palomeque un dobre penalti que estrelou no pau a 2 minutos do descanso.
Tras o tempo de descanso, Javi Alonso volveu marcar rápido para a Segovia Futsal sacando vantaxe para o seu equipo, que seguía chegando con perigo á portaría santiaguesa. Non sería ata o ecuador da segunda metade cando Palomeque recortou distancias para o Santiago Futsal. Pronto se cargaron con 5 faltas ambos os dous equipos e tras boas ocasións para os dous equipos, Barroso vestiuse de porteiro-xogador a 4 minutos do final para tratar de empatar o partido, sen fortuna para os de Santi Valladares, que din adeus á Copa do Rei tras perder 3-2.
Sala de prensa
Ao finalizar o partido, Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comentou que “regalamos a primeira parte e non fomos nós. Non saímos como tiñamos que saír e no momento en que nos esquezamos cales son os nosos sinais de xogo, imos pasalo moi mal, e así foi. Na segunda parte encaixamos rápido o 3-1 e aínda que despois estivemos mellor, fomos a remolque todo o partido.
Ficha do partido
Segovia Futsal: Alberto, Castela, Juanlu, Javi Alonso e Bingyoba (cinco inicial), Iván, Edu, Jorge Jimeno e Delpi.
Santiago Futsal: Raúl, Barroso, Palomeque, David Pazos e Diego Quintela (cinco inicial), Hugo, Eloy Rojas, Chus, David, Santi e Pablo Tallón.
Goles: 1-0 Castela (min 2), 1-1 Bingyoba pp (min 3), 2-1 Bingyoba (min 13), 3-1 Javi Alonso (min 23), 3-2 Palomeque (min 29)
Árbitros: Contraeras Tecedor e Viedma Martín do colexio castelán-leonés
Amoestacións: Tarxeta amarela para Iván da Segovia Futsal e para Quintela e Barroso do Santiago Futsal.
Incidencias: Partido correspondente aos décimo sextos de final da Copa do Rei disputado no Pavillón Pedro Delgado de Segovia.











