O roupeiro municipal de Nigrán amplía o seu horario de apertura por Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa da ampliación do horario habitual de apertura do roupeiro municipal ao longo do mes de decembro. Desta forma, xa desde esta semana o roupeiro municipal, localizado nas antigas dependencias da Policía Local, estará aberto os mércores e xoves, de 10.00 a 12.30 horas, e os mércores en horario de tarde, entre as 16.00 e as 18.00 horas.

30 de novembro de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.