O rexedor lucense recibe a 50 escolares de 2º de Primaria do colexio María Auxiliadora

Orozco xunto aos escolares
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora cos que falou sobre as necesidades que ten Lugo. O grupo, formado por 50 alumnos de segundo curso de primaria, mostrouse interesado na vida diaria de Lugo.
Os nenos e nenas preguntaron sobre as funcións do Alcalde e ademais, fixeron preguntas do tipo de “como se fixo a crise” ou “como se nomean aos concelleiros e porque hai 25 en lugar doutro número”. Ademais, tamén agradeceron a colocación de pasos de peóns nalgunhas das rúas polas que transitan e o funcionamento de elementos como os bolardos.
Os nenos tamén lle fixeron preguntas a López Orozco dende cantos anos leva de Alcalde e como o nomearon, cal é a súa idade, e “se estaba nervioso a primeira vez que foi Alcalde”.











