O rexedor lucense presidiu o acto de celebración do Concerto da Lembranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo celebrou na Capela do Cemiterio de San Froilán o Concerto da Lembranza que tivo unha gran acollida e que contou cunha importante afluencia de público. Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de  actuacións, que teñen por obxecto a integración do cemiterio na vida social e cultural da cidade e o de darlle á morte o seu sentido natural, como unha etapa máis do ciclo vital tal e como se viviu sempre na sociedade galega, fuxindo do concepto tabú e desintegrador que foi enraizando nos últimos tempos.

O seu carácter participativo tivo unha resposta favorable na cidadanía con intervencións nas que varias persoas, incluidas nenos e nenas, colaboraron  directamente coas súas dedicatorias de lembranza e de honra manifestadas a través de cantos, poemas ou lectura de textos, contribuíndo a darlle ao concerto  un carácter íntimo e cálido.

Ademais no acto entregáronse os premios ao gañadores do I Concurso de Fotografía sobre o Cemiterio Municipal Estampas de paz e acougo que recaeron en:

Primeiro premio:

Título: “AS CORES DO CEMITERIO”

Autor: José Antonio Cartelle Cudillero

Segundo premio:

Título: “ETERNO PESAR”

Autor: Patrick González Poyán

O xurado, á vista da calidade das obras presentadas, acordou conceder dous accésit ás fotografías que a continuación se indican:

Título: “ESPERANZA”

Autor: Jesús Burgo Tomás

Título: “ASCENSO Á PAZ”

Autor: Begoña Pérez López

12 de novembro de 2013 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.