O rexedor de Tui e Cores Tourís visitan as obras no parque empresarial de Areas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTui
A-
A+
Cores Tourís na visita ao parque empresarial en Tui

Cores Tourís na visita ao parque empresarial en Tui

O alcalde Tui,Moisés Rodríguez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaba hoxe as obras de “Mellora do acceso ao parque empresarial de Areas: creación de rotonda e renovación de pavimento” que comezaban a principios deste mes.

O alcalde e o delegado territorial  achegáronse ao lugar onte se están levando a cabo os traballos que contan cun presuposto de 143.000 euros, subvencionados ao 80 % grazas a unha achega da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que conta co finanzamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), aportando o Concello dos seus fondos 28.000 euros.

28 de novembro de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.