O rexedor da Laracha participará na visita de estudo a Bruxelas organiza pola Fundación Galicia Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, será un dos representantes de entidades locais que participará, do luns ao mércores da próxima semana, na visita de estudo a Bruxelas organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores, en colaboración coa Unión Europea (UE) e a Xunta de Galicia. Outro dos alcaldes de Bergantiños que confirmou a súa participación no evento é Eduardo Parga, rexedor de Malpica.

A viaxe enmárcase no Protocolo de colaboración entre a propia FGE e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) dirixido a impulsar a participación das entidades locais galegas en proxectos europeos.

O programa inclúe a participación nun seminario sobre administración local e programas de financiamento europeo e visitas ao Parlamento Europeo –guiada polo eurodeputado Francisco Millán- e á Comisión Europea –cunha charla coloquio a cargo de persoal da Dirección Xeral de Política Rexional sobre posibilidades de financiamento local a cargo de fondos estruturais 2014-2020-.

Este viaxe de traballo que o alcalde da Laracha realizará a Bruxelas para participar nunha completa acción formativa é considerada como unha excelente oportunidade para que o Concello poida aumentar a súa participación en proxectos europeos mediante un mellor coñecemento do entramado comunitario e a creación de redes de contactos con outros municipios de España e do resto de países que forman parte da Unión Europea.

9 de novembro de 2013 | 15:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.