O “Proxecto Kaiak 1.000” en Madrid contará coa participación de 7 padexeiros galegos
Sete padexeiros galegos participarán no “Proxecto Kaiak 1.000” que os reunirá entre os días 1 e 8 do mes de decembro na Residencia Blume de Madrid e adestraranse tamén no encoro de Picadas. Todos eles teñen como obxectivos a preparación para as competicións internacionais da próxima tempada.
Álvaro Bravo (Breogán do O Grove), Rodrigo Germade (Piragüismo Aldán), Diego Piña, Rubén Millán, Víctor Rodríguez, Gabriel Pavón e Óscar Carrera todos eles do Kaiak Tudense, son os elixidos. Na convocatoria realizar pola Federación Española de Piragüisimo sorprende a ausencia de Carlos Pérez Rial, ‘Perucho’ dobre medallista olímpico. Aos padexeiros galegos uniránselles outros cinco padexeiros doutras autonomías, polo que a representación de Galicia supera a metade dos presentes.
Óscar Carrera e Rodrigo Germade xa se encontra concentrados en Madrid dende hai varias semanas, mentres o resto de galegos xa realizan en Tui os seus adestramentos de forma regular, agás Gabriel Pavón que se encontra en Estados Unidos.
Rodrigo Germade, Óscar Carrera e Rubén Millán protagonizaron a pasada tempada un dos grandes éxitos do piragüismo galego. Lograron o segundo posto no Campionato de Europa sub-23 na modalidade de K-4 1.000 metros, o que confirma a súa magnífica progresión.











