O programa “Xadrez: aprender a aprender” amplíase a tres centros educativos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Comprobado o éxito dunha primeira experiencia piloto o curso pasado con 74 alumnos de Educación Infantil participando no programa “Xadrez: aprender a aprender”, a Concellería de Educación ampliará o programa para que participen ata tres centros escolares da cidade. A actividade consiste na ensinanza entre os nenos das técnicas do Xadrez, xunto ao director técnico do proxecto, o presidente do clube de Xadrez Liceo de Ourense, Joaquín Bello.

Os nenos participantes amplían o seu vocabulario, melloran os conceptos espaciais e habilidades manuais, mentres se socializan e comunican entre eles. Así mesmo, acatan a norma máis elemental e importante do xogo: o silencio; e xogan con material realizado por eles mismos, como puzzles e cubos.

Coa incorporación das suxerencias dos profesores dos propios centros, a experiencia ampliarase, segundo se presentou esta mañá no CEIP Covadonga, a dous centros máis: o CEIP Mariñamansa e o Albino Núñez, nos que participarán alumnos de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria. Nas sesións participará tamén a psicóloga María Mora, que se encargará de determinar os fectos do uso do programa analizando empíricamente se o emprego do xadrez como ferramenta pedagóxica proporciona beneficios nas capacidades cognitivas e competencias curriculares dos nenos e nenas.

Participarán un total de 97 nenos e nenas con semellantes características socio económicas, dos tres centros educativos.

15 de novembro de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.