O programa de emigrantes e inmigrantes retornados en Ourense presta servizo a 351 usuarios
O Concello de Ourense atende regularmente, a través do programa de emigrantes e inmigrantes retornados da Concellería de Benestar Social, a un total de 351 usuarios, aos que ofrece información, asesoramento e orientación en materia de estranxeiría, así como a canalización con respecto ás súas axudas sociais.
Dos 351 usuarias e usuarios atendidos entre xaneiro e novembro de 2013,138 son novos casos, que acoden ao servizo para convalidar titulacións, legalizar documentos, coñecer os seus dereitos e deberes, incribirse no padrón de habitantes ou coñecer as axudas económicas ou de formación dispoñibles.
O programa de emigrantes e inmigrantes retornados conta cun asesor xurídico e unha traballadora social, que traballan de forma coordinada na atención ao inmigrante extacomunitario e emigrante retornado, aos que ofrecen, máis concretamente:
– Información, asesoramento e orientación xurídica en materia de extranxería e canalización de información respecto das axudas sociais ou a emisión de informes de arraigo social e axeitamento da vivenda, en coordinación coas UNIS.
– Promoción da participación dos inmigrantes extracomunitarios e emigrantes retornados, no desenvolvemento de actividades que promovan o coñecemento e respeto mutuo a través da coordinación coas distintas asociacións de inmigrantes con presencia no municipio.
Nestes meses (entre xaneiro e novembro), atendéronse 351 usuarios e usuarias, que solicitaron asesoramento sobre as súas problemáticas. Dos 351, 138 casos foron expedentes abertos durante o ano 2013, e o resto expedientes anteriores que solicitaron demanda neste ano.
Dentro das intervencións realizadas, as máis comúns foron a convalidación de titulacións, legalización de documentos, dereitos e deberes, xustiza gratuíta, bolsa de aluguer e separacións ou divorcios. No caso de inmigrantes irregulares, precisaron asesoramento para a regularización da súa situación, inscricións no padrón de habitantes, inscrición de fillos e fillas nacidos en España, asistencia sanitaria, axudas económicas e formación e emprego.
Perfil do usuario
Tendo en conta os 138 novos expedientes abertos durante o ano 2013, o perfil do usuario responde a unha muller (55% dos casos), cunha franxa de idade de 31 a 45 anos (nun 42%), solteira (nun 46%), e cun membro por familia (nun 60%). Dos expedientes, 77 se atopan en situación regular e 65 en situación irregular.
Por nacionalidades, os inmigrantes regulares proceden maioritariamente de Cuba (16), Colombia e Brasil (12), República Dominicana (10) e Venezuela (7). No caso dos inmigrantes irregulares, a maioría son de Senegal (13), Cuba (7) e Marrocos (5).
Programa de reforzo escolar e aprendizaxe de galego e castelán
No que vai de ano, un total de 47 persoas recibiron formación no Celga e axuda de reforzo escolar, a través deste programa: 33 alumnos e alumnas de Infantil, Primaria e ESO, 6 alumnos e alumnas de Bacharelato e 8 adultos. Inclúe as seguintes funcións:
– Promover unha mellora nas condicións da educación dos menores inmigrantes de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, a través da implicación dos pais e profesores.
– Reforzar os contidos a través do estímulo positivo e a instrución dos nenos e nenas nas distintas estratexias de estudio.
– Guiar aos nenos e nenas nas súas tarefas escolares diarias.
– Formar a adultos nas linguas galega e castelán, e axudalos na obtención do graduado escolar, bacharelato, competencias clave, etc.
Dos usuarios e usuarias deste programa no que vai de 2013, 18 proceden de Senegal, 7 de Brasil e 6 de Colombia, como os países máis representativos.
Atención ao público de 9 a 13 horas
As dependencias do programa de inmigrantes e emigrantes retornados están ubicadas na rúa Bispo Carrascosa, número 14, baixo. O horario de atención ao público é de 9 a 13 horas, con cita previa, mediante o 988388100.











