O porteiro celeste Iván Villar é convocado coa sub-17 para dous partidos ante Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

A convocatoria da Selección Española sub-17 depara unha nova satisfacción para o Real Club Celta, cuxa decidida aposta pola canteira ten un brillante reflexo nas categorías inferiores do combinado nacional. Na lista do seleccionador para a disputa de dous partidos internacionais ante Alemaña figura o porteiro do R.C. Celta Xuvenil Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997), quen chegou ao club vigués en categoría cría. O porteiro celeste debutou co combinado español en setembro do presente ano e vaise consolidando como un dos seus valores.

A Selección Española sub-17 medirase a Alemaña este mes de novembro os días 12, ás 11 da mañá no Estadio de Wetzlar, e 14 no Estadio Georg-Gafmann, a esa mesma hora.

5 de novembro de 2013 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.