O pleno monfortino reunirase o luns para aprobar unha adenda ao convenio da potabilizadora
A corporación municipal reunirase en sesión plenaria de carácter extraordinario o vindeiro luns día 11 de novembro ás 20:0 horas.
O único punto da orde do día será o reaxuste de anualidades do convenio subscrito por ACUAES, a consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e o concello de Monforte, para a realización do proxecto “Ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable en Monforte de Lemos”.
O reaxuste das achegas anuais de cada unha das entidades que participan no financiamento do proxecto débese a que, aínda que o remate das obras é inminente, serán precisos tres meses para a realización de diversas probas antes de que as novas instalacións entren en funcionamento, motivo polo que iríamos ata a próxima anualidade.
Coa aprobación desta adenda ó convenio, o concello de Monforte terá que achegar para este proxecto no ano 2013 a cantidade de 90.909 euros, e non 612.427 € como recollía a adenda anterior.
Esta será a terceira adenda do convenio que aprobe a Corporación, adendas que modificaron as achegas das diferentes administracións en función de diversas variables pero que nunca tiveron repercusión negativa sobre a marcha das obras.
As partes implicadas neste proxecto continúan traballando para intentar reducir a contía dos fondos propios que ten que achegar o concello de Monforte para esta importante infraestrutura.











