O plan medioambiental para a recuperación do paseo do Louro xa conta con aprobación

Última visita ao paseo de goberno local e Confederación Hidrogáfica
Onte saiu publicado no BOE (Boletín Oficial do Estado), a resolución da Secretaría de Estado de Medio Ambiente sobre a evaluación do impacto ambiental do proxecto de Ordenación do cauce e marxes do río Louro ó seu paso por Mos. Dita resolución establécese dacordo coa evaluación e o análise de impacto ambiental practicados previamente e a proposta da Dirección Xeral de Calidade e de Evaluación Ambiental e Medio Natural, e dictamina que non é previsible que o proxecto de Ordenación do cauce e marxes do río Louro vaia a producir impactos medioambientais adversos.
Unha vez superado este trámite de calidade ambiental, e tras unha visita ó paseo que realizarán o vindeiro 19 de novembro técnicos e representantes municipais, o proxecto de rehabilitación do paseo do Louro entra na fase final previa á acometida da obra. A continuación, o seguinte paso a dar é o de sinatura do convenio correspontente entre Concello, Deputación e Confederación Hidrográfica e, despois, o comezo xa dos traballos de mellora que se prevé sexan iniciados de cara á primavera do vindeiro ano 2014.
Voltando ó trámite de evaluación ambiental que foi resolto favorablemente polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, este baseouse nun estudio fitosanitario que consta de informe da Secretaría Xeral de Calidade e Evaluación Ambiental da Xunta de Galicia no que se indica que non se considera que da actuación proposta nas marxes do Louro se deriven impactos ambientais. Por outra banda a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia emitiu tamén o seu pertinente informe que se inclúe no estudio medioambiental xeral, no que se considera que as medidas e controis indicados no documento son suficientes. No caso da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, indícase que non constan no contorno do proxecto bens de patrimonio arqueolóxico que se poidan ver afectados polas accións derivadas do proxecto. No caso da administración local, o Concello de Mos lembra neste estudio que a actuación está na zona de protección do contorno do Camiño Portugués de Santiago.
No documento elaborado para superar a fase de evaluación ambiental indícase que se establecerá un perímetro de protección e barreiras para evitar o arrastre de sólidos ata as augas durante a execución dos movementos de terras e aperturas de sendas. Segundo se indica tamén nesteste documento ambiental, a recuperación da senda fluvial existente coa aplicación dun novo pavimento tipo aripaq terrizo, xerará un efecto positivo no ecosistema, evitándose o emprego de zahorra e xabre. No proxecto tamén se contempla a realización de analíticas de augas, uhna análise augas arriba e outra augas abaixo durante o desenrolo das obras de hormigonado. Tamén se realizará unha sembra para reter o solo tras os movementos de terras e se adoitarán actuacións de protección a base de técnicas de bioenxeñería para a estabilización estructural do ecosistema fluvial en aqueles ámbitos onde a velocidade das augas sexa inferior.
Ademais, tal e coma solicita a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, eliminaranse os brotes de Arundo donax e Phyllostachys sp., e, por outra parte, as plantacións a realizar no proxecto serán de carácter autóctono.
O documento ambiental indica ademais que se evitarán cambios artificiais do relevo que dificulten a movilidade dos vertebrados terrestres, así como o levantamento de barreiras que eviten o paso da fauna silvestre cara ó río. Asimesmo manteranse as manchas de vexeteción existentes, co obxecto de conservar os refuxios da fauna e corredores ecolóxicos.
Con esta actuación nas marxes do Louro a paisaxe e a calidade de vida da poboación mellorarán gracias á recuperación ecolóxica e social mediante actuacións blandas en consonancia co contorno no que se enmarcan, conservando os valores ambientais asociados ó cauce e asegurando a súa integración.
O proxecto conta tamén cun programa de vixiancia ambiental que asegure a correcta execución das medidas preventivas e correctoras propostas, así coma o control da súa evolución e a aplicación de medidas adicionais.
En resumo, co proxecto de actuación no paseo do Louro, preténdese a recuperación da senda fluvial existente, xunto coa defensa, protección e consolidación de marxes, e así evitar as erosións ocasionadas pola crecida do río. Ademais procederase á limpeza do cauce e á realización dunha ordenación ecolóxica da zona. O promotor desta obra con orzamento de preto dun millón de euros é a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo pertencente ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
No proxecto de rehabilitación do paseo do Louro atópanse incluídas tamén as suxerencias aportadas dende o Concello, algunhas delas froito das demandas dos propios veciños da zona. Entre ditas suxerencias atópanse a recuperación dunha antiga ponte, a creación dunha pasarela na parte final do paseo, preto da estrada Nacional 550; e o traslado do parque biosaudable da Pateira a unha zona menos inundable.
O convenio para a mellora da marxe do Louro, destinado ó mantemento e conservación da mesma, financiará as obras de acondicionamento cunha cantidade exacta de 950.000 euros. O proxecto de recuperación será financiado nun 80% pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil a través dos Fondos Europeos Feder, e no 20% restante pola Deputación de Pontevedra; supoñendo esta obra un custe cero para o Concello de Mos. A inversión total será, como xa se dixo, de 950.000 euros: 760.000 a aportar pola Confederación Hidrográfica do Miño e 190.000 euros pola Deputación. Ademais a Deputación aportará 57.000 euros de gastos financieros, o que fai unha aportación total da administración provincial de 247.000 euros.
Deterioro do paseo do Louro
As crecidas do río e as inclemencias meteorolóxicas arrastraron a pavimentación e deixaron impracticable o paseo fluvial, e provocaron o derrumbe e socavación das orillas en diversos tramos do río. Neste sentido o obxectivo que se persegue con esta obra no Sendeiro do Río Louro, segundo declara a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, é “unha solución definitiva para este paseo, que o manteña en bo estado a longo prazo e non requira de reparacións constantes por mor dos desperfectos ocasionados cada vez que se producen condicións meteorolóxicas adversas”.
Para elo o proxecto de recuperación contempla a instalación dunha superficie sólida no firme do sendeiro que sexa resistente ante as posibles crecidas do río e as inclemencias do tempo. A superficie total de actuación será de 2 kilómetros 700 metros, con anchuras ó longo de todo o paseo que oscilan entre os 2,30 e os 2,50 metros.











